O Fórum Gastronómico e La Voz de Galicia outorgan o premio Cociñeiro do Ano por vez primeira en Galicia. Os candidatos son cociñeiros novos que representan a nova cociña galega e que teñen en común a utilización de produtos de proximidade, o respecto pola terra e a súa relación cos pequenos produtores. O premio Cociñeiro do Ano quere recoñecer e dar a coñecer os profesionais da cociña que se esforzan por facer difusión destes valores.

Pulse sobre a imaxe do cociñeiro para veres a súa descrición completa, así como os seus logros e características.
Pulse sobre o botón de votación para seleccionar o seu Cociñeiro do Ano
As votacións están limitadas a usuarios identificados polo que non se admite máis dun voto por DNI/Teléfono/Correo Electrónico.